davila280610b.jpgREFLEXIÓN COLECTIVA DE FILOSOFÍA

Despois de tres meses vivindo en Estocolmo, puidemos coñecer a cultura da sociedade sueca. Aplicandoo o ámbito medioambiental, puidemos ver as dúas caras da moeda: por una parte puidemos observar a gran participación ciudadá en comparación con España que practica a ecoloxía e o reciclaxe. Opinamos que a xente de Suecia está moito máis motivada en canto a preservar a natureza. Pola outra parte, vimos en moitas ocasións a cantidade de basura acumulada nas rúas, tendo en conta que foi a primeira cidade verde é un pouco chocante. Parándonos a pensar, vendo tal e como está Estocolmo, podemos preguntarnos: cómo estarán as demáis cidades?
DEBATE
Texto I:
- Está claro que nós, a raza humana, somos os causantes da situación crítica actual na Terra, co que teríamos que saber como desfacer o dano causado. Temos que pensar que os nosos actos teñen consecuencias negativas no medioambiente. Non podemos parar de evolucionar, pero debemos de equilibar o noso desenrolo co cuidado da natureza. Debemos deixar de ser egoístas e de mirar para nós mesmos e pensar nas futuras xeracións, como se leva facendo desde sempre.
Texto II:
- Con respeto o primeiro punto cremos que os avances tecnolóxicos non van acorde co medioambiente. No segundo punto opinamos que a industrialización ten unha parte boa, e unha parte mala: por un lado da beneficios a socidade (emprego, diñeiro, avances tecnolóxicos) pero polo outro lado é perxudicial para o medioambiente e algunhas incluso perxudican a saúde dos seres vivos. Por exemplo, os vertidos das fábricas de Ence (industria madereira) e Elnosa (de productos químicos) levan vertendo residuos tóxicos á Ría de Pontevedra dende fai 50 anos. Nun principio iso non supoñía ningún perigo para o medioambiente, pero dende fai uns anos moitos colectivos están facendo críticas e protestas porque se descubríu que estos residuos están a contaminar a vida da Ría. Este é un exemplo no que podemos observar como un acto progresivo pode causar (aínda que no pasado inmediato era viable) nun longo periodo de tempo, consecuencias negativas, como as actuais, e tamén nos axúda a afirmar o terceiro punto. Estas empresas dan material e xeran emprego, polo tanto son beneficiosas para a sociedade, pero o mesmo tempo, están agravando o problema da contaminación.


RECOLLIDA CONXUNTA DAS PROPOSTAS PARA A TÚA CIDADE
- En Estocolmo puidemos observar como o servicio público funcionanba moito mellor que en Lugo. Ademáis os transportes utilizan biofuel.
- A utilización de transportes eléctricos, como bicicletas ou coches.
- España vende o seu lixo a Suecia (como por exemplo os osos das olivas) para que eles os incineren para producir biomasa e poder levar a calefacción as casas.
- Eles manteñen un ciclo constante directamente relacionado coa natureza, conseguindo ter con pouco gasto unha das augas máis limpas de Europa. A auga sucia tamén a utilizan: mándana a depuradoras e acto seguido a plantas que a utilizan para crear auga quente e fría para abastecer a poboación. Tamén existe a posibilidade de que a utilicen para producir electricidade. E os residuos extraidos na depuradora empréganse para a fabricación de combustibles para o transporte público ou para a calefacción nas casas.